Item vos aforamos mays a viña do Varrio, que he do convento, et labredes ben a dita viña en maneira que non se percan os nobos per mingoa de reparo, et que ponades o monte que achardes que for da dita viña de vaçelo et ho plantedes et que paguedes a quarta do que Deus der en na dita (viña) ao convento, vos et vosa muler et as sobreditas personas, et daredes de comer et de veuer ao noso mordomo...etc., et seredes todos vasalos...etc., et non uiueredes con outro señor con o dito moesteiro, et non tomaredes amadego sen sua liçença et vinredes onrrar a sua festa de san Viçenço con do que teuerdes et faleçendo alguna das ditas personas que a que de dereyto ouver de herdar o dito foro que se veña alçar por persona ante dos trinta dias, et pasado o plaso que por esta mesma rason le podam reçeber o dito foro; et non venderedes...etc.
|