Sábean todos que eu, Thomás Gonçalues, chantre ẽna iglleia de Santiago, non constejudo por força nen deçebudo por engano mays de mĩa propia e liure voontade, por min e por toda mĩa voz, dou e dõo en doaçón así como doaçón mellor pode sẽer e máys valer de dereito entre viuos para senpre a vós, dayán e cabídoo da iglleia de Santiago, os meus casares e herdades, vjñas, casas e chantados e rendas e súas dereituras que eu ey e me perteeçen e perteeçer deuen ẽnos lugares de Penelas e de Couas da frijgresía de San Simón d ' Ões, as quaes a min perteeçen por conpra que dellas fige de don Gonçaluo Peres, chantre que foi da dita igleia, e por outra qualquer rasón que me perteescan.
|