Sábean todos que nós, Gonçaluo Sanches de Bendana, dayán de Santiago, e o cabídoo da dita igleia seendo juntados em noso cabídoo ẽna torre noua da dita egleia por tangemento de canpãa segundo que avemos de vsso e de custume, por quanto entendemos e somos çertos que esto aadeante conteúdo hé feito en prol e bõo paramento da dita igleia e cabídoo dela, e auendo sobr ' elo noso diligente trautado, e de consyntimento de Gonçaluo Freyre, cóengo da dita igleia e teençeiro da teença de Johán Peres de Tuj que presente está, aforamos a vós Lopo Garçía, cardeal da dita igleia, aquelas casas que están ẽna Rúa da Vía Sagra, a qual soýa tẽer Vaasco Fernandes Poupelo e a qual topa da hũa parte ẽnas casas en que mora Roy Sanches, demandador, e da outra parte ẽnas casas de Vaasco Peres da Moeda que saen contra a dita Vía Sagra, e a qual casa sal da hũa parte ẽna dita Vía Sagra e da outra parte ẽna rúa Vella.
|