Sábean todos que nós, Gonçaluo Sanches de Bendaña, deán da igleia de Santiago, e o cabídoo da dita igleia, seendo juntados em noso cabidoom ẽna torre noua da dita igleia por canpãa tangida segundo que auemos de custume, fasemos e outorgamos nosos çertos, lij́demos e sufiçientes procuradores a Johán de Seguença e a Sancho Garçía, cóengos da dita igleja, e a Bernald Eanes, criado de mjn o dito deán, portador ou portadores desta presente carta de procuraçón elles etcétera, e doamos outorgamos a eles e a cada hũu delles liure e conprido poder para que por nós e en noso nome posan parescer e parescan ante noso señor el rrei don Enrrique que Deus mateña e mande uiuer e rreinar por moytos tenpos e bõs, e ante os alcales e oydores da súa corte ou ante o señor arçibispo de Santiago don Johán ou ante seu oydor e ante cada ũu deles en seguimento de hũa apelaçóm e negoçio prinçipal que Fernán Montesiño, canbeador morador na çidade de Santiago, entreposo em noso nome dante Johán Sem Mal meestreescola de Tuy e cóengo da dita igleja, en pleito que ontre os pedreiros e ofiçiaes da dita igleja e o dito Fernán Montesino foy moujdo sobre la portagẽe que nós auemos ẽna dita çidade, e segir e trautar e procurar o dito pleito con tódoslos abtos e monjmentos a el neixeos e pertẽesçentes perante o dito señor rei e perante os seus alcales e oydores da súa corte ou perante o dito señor arçibispo e seu oydor e perante cada hũu deles e perante outro qualquer etcétera para fazer etcétera carta de graça etcétera e outros etcétera sostetuyr etcétera fazer etcétera prometemos etcétera e rreleuamos etcétera.
|