Sábean todos que nós, Gonçaluo Sanches de Bendaña, deam da jglleja de Santiago, e o cabídoo da dita iglleia, seendo juntados em noso cabídoo ẽna torre noua da dita iglleia por campãa tanguda segundo que auemos de custume, por nós e por nosos subçesores, entendendo e seendo çertos que esto adeante contiúdo hé prol e bõo paramento da dita iglleia, damos e outorgamos para sempre por concanbeo a uós Fernán Garçía da Algara, scripuán, e a uosa uoz a nosa meadade do casal da villa de Baçar que hé ẽna friigresía de Santa María de Iglijoa, o qual perteensçe aa nosa teença do Eo de que hé teençeiro Gonçaluo Freyre, cóengo de Santiago, que presente hé e outorga. ẽna qual meadade do dito casal suýa morar e lavrar Ffernán do Villar do Rey e a qual uós ora tẽedes e husades por uós e por uosos lavradores por rasón de préstamo que uos del fesera o dito Gonçaluo Freyre.
|