Sábean todos que nós, Gonçaluo Sanches de Bendaña, deán ẽna iglleia de Santiago, e o cabídoom da dita iglleia, seendo juntados en noso cabídoom ẽna torre noua da dita iglleia por tangemento de canpãa segundo que auemos de uso e de custume, por nós e por nosos suçesores da hũa parte, e eu Fernán Garçía de Pyloño, scripuán, por min e en nome de Tareija Garçía mĩa moller e por mía uos e súa, da outra parte, sobre contendas e demandas que eran e asperauan a sẽer entre nós as ditas partes sobre rasón das casas que están ẽna Rúa do Çiquelo da çidade de Santiago en que eu o dito Fernán Garçía e a dita mj̃a moller agora moramos.
|