Sábean todos que nós, Gonçaluo Sanches de Bendaña, deán de Santiago, e o cabídoo da dita iglleia de Santiago, seendo juntados em noso cabídoo ẽna torre noua da dita iglleia por tangemento de canpãa segundo que auemos de uso e de custume, e de consyntimento e outorgamento de Rodrigo Eanes da Fonte do Franquo, procurador de don Johán Peres meestrescola de Santiago e teençeiro da teença de Vieyro por nós o dito deán e cabídoo, que está presente e outorgante, por nós e por nosos subçessores aforamos e damos en aforamento d ' oje este día endeante para sempre a uós Johán Eanes de Sauariz, morador na frijgresía de San Pero de Canpanõo, e a uosa moller Sancha Eanes e a uosa uoz e súa, aquela uiña uella da Corigeira que está ẽna dita frijgresía que perteesçe ãa dita teença, e o lagar que está en ela, segundo que ora está murada e valada a dita viña, a qual auedes de põer e pobrar toda de uiña ata o baçelo nouo que ora de nós teen aforado Rodrigo Eanes e Johán Dominges, toeneiro, e do dito baçelo como uay ata çima o muro e ao lagar e segundo que estaua posta de biña ẽno tenpo pasado que a teuo o cardeal Johán Touro, d ' oje este día ata dous anos cunpridos etcétera, e aforamos e porla meadade do viño que Deus der ẽna dita viña cada ano da herdade désemo a Deus de nós o dito cabídoo etçétera.
|