Sábean todos que nós, don Áluaro Nunes d ' Isorna, arçidiago de Cornado ẽna iglleia de Santiago e uigario de don Gonçaluo Sanches, deán ẽna dita iglleia, e don Thomás Gonçalues, chantre ẽna dita igleja, e o cabídoo da dita igleja, seendo juntados ẽna torre noua da dita igleja en noso cabídoo por tangemento de canpãa segundo que auemos de vso e de custume, por nós e por nosos subçesores e de consintimento de min Gil Peres, arçidiago do Couto e cóengo da dita igleja e teençeiro da teença de Martín Ruujo porlo dito cabídoo, aforamos e damos en aforo a uos, Afonso do Couto, que o aforades por uós e por uosa moller Tareija Gonçalues e por uosa voz e súa, aquel formal de casa que está ẽna Rúa Noua de Caldas de Rey.
|