Sábean todos que seendo don Gonçaluo Sanches, dayán, e o cabídoo da igleja de Santiago juntados ẽna torre noua da dita igleja en seu cabídoo segundo que han de huso e de custume, e en presença de min Afonso Eanes Jacob, notario etcétera, e das testemoias etcétera, entón os ditos dayán e cabídoo e de outorgamento e consintimento de Bernald Eanes, cóengo da dita igleja, vniron e ajuntaron o casal de Pite que fuy de Johán Dominges Defimado, cóengo que fuy de Santiago, aa tença de Fernán Chapín de que hé teençeiro Fernand Abril, bachaler en decretos e cóengo de Santiago.
|