Diego Aluares de Souto, por sy da hũa parte, e Bernald Eanes, cóengo da igleja de Santiago e bigario do dayán, e o cabídoo da dita igleja seendo juntados ẽna torre noua da dita igleja en seu cabídoo por canpãa tangida segundo que han de custume, por sy da outra parte, sobre rasón de ynjurias que o cabídoo disía que lles o dito Diego Aluares fesera e outrosý a hũu home de Gonçaluo Freyre, cóengo da dita iglleia, conprometeron en Álvaro Nunes, arçidiago de Cornado, por parte do dito Diego Aluares, e en Johán Fernandes dela Praça, cóengo da dita igleja, posto por parte do dito cabídoo, asý como en homes bõos etçétera segundo as constituyções da dita igleja, so pena de des mjll moravedís e por iuramento dos Santos Auangeos que feso o dito Diego Aluares e Rui Goterres, procurador do dito cabídoo.
|