Sabeam quantos esta carta viren como eu María Peres, filla que foy de Marina Ferrnandes da Quintaá, presente e outorgante meu marido Fernán Eanes, por min e por toda mia vos, a vos don Miguell, abade d ' Oseyra, e ao convento e ao mosteiro d ' Oseyra vendo e outorgo pera por sempre todo quanto herdamento con todas suas perteenças e con entradas e con seídas, a monte e a fonte, eu ayo, de llo camiño grande que agora vay d ' Ourense pera Santiago, a çima contra Barveytos, ena villa de Çea e en seus termios, su cadea de San Xpoboo, por prezo nomeado quiñentos soldos e moravedíos XX e V e por VIII quarteiros de pan pella teega do orro, do quall pan e diñeiro me outorgo por ben pagada.
|