Conuçuda cousa seia a quantos esta carta uiren como eu don Arias Pérez, ensembla con mia muller dona María Meendez, facemos enplazamento con don Gil Pérez, abbade de Montederramo e con todo o conuento desse mismo lugar a plazer de nos e de uos, conuén a saber: que nos don Arias Pérez con mia muller dona María Meendez damos a uos don Gil, abbade de Montederramo, e ao conuento desse mismo lugar, en uoz e en nome de nossu moesteiro, logu en presencia, seys casares derdade e terça doutro casar, nomeados quaes un casar en Uerrande, con todas suas derecturas e perteenças e con todo o quinon da iglesa.
|