Primeiramente, dou alma de min a Deus e a Santa María, sua. madre, e mando meu corpo en sepultura a Santa María de Montederramo e mando y commigo aquello que eu ey en Queyja, que o aia por herdamento por senpre ia mays, os quaes herdamentos son dous casares enas Taboaças, su signo de Santa Cruz, e hun casar en Casdiego, su signo de San Pedro de Chandegreja de Queixa, e outro casar en Candedo, su signo da Santa María dy, por tal condiçón que me emente eno benefiçio que se fezere e rogen a Deus por la mia alma, e tollo o poder e uoz á mia moller, e meus fillos e fillas, aqueles que ey, e a todo outro ome ou moller, qual quer que veña en mia voz, que nunca ao mosteiro do Montederramo esto que lle eu mando possa demandar en nihua maneira, e aquel ou aquelles ou aquellas que o quiseren fazer aian a mia maldiçón e peyten á uoz del Rey mill morauedís da boa moneda e ao mosteiro o herdamento dobrado, e o testamento seia firme e ualledeyro, e quito e anuço todos los outros testamentos que eu tiña feitos e por fazer ante e despoys, que nunca a éste posan empeeçer en juyzo nen fora dél.
|