logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ano do nasçemento do noso señor Ihu Xpo de mill e quatroçentos e quatorze anos, viynte e dous dias do mes de oytubre, en presença de min Afonso Martís da Costa, escriuano de noso señor El Rey eno Reyno de Gallisia e notario público da çibdade d ' Ourense por lo obispo e yglesia dese lugar e das testemuyas de juso escriptas, en este dito día, estando eno agro da Sazeda, que he açerca de Palmés, couto do monesterio de Santa Comba de Naves, e estando y presente Gonçaluo Esteues, prior, dixo que por rason que Pero Lopes Mosqueyro chegara con çertos omes a él ao monesterio de Santa Coonba, onde él estaua saluo e seguro, podía aver quatro ou cinquo dias, pouco mais ou menos tenpo, e que lle tomara e roubara e lebara de dentro do dito monesterio pera o castelo d ' Alua ouro, prata e diñeiros e armas e una mula enfreada e enseelada e roupas de vestir e de cama e ferramentas e outras cousas que poderían montar e valer todo esto fasta en quantía de dez mill moravedís desta moeda usual, a blanca en tres diñeiros, e outrosy que o lebara logo a él preso e recabdado ao castelo d ' Alba e o tobera aló preso quatro ou cinquo dias con suas noytes e o non quisera dar solto nen fiado fasta que se lle obligara sub çerta pena que se tornase ao dito castelo ou a outra parte onde estuese o dito Pero Lopes, e lle outorgar alguas cousas que lle él demandaba que lle fezese por notario, as quaes ditas cousas dixo o dito prior que entendía que non serían dereito nen onra nen prol dél nin do dito seu monesterio, por las quaes sobre ditas cousas él e o dito seu monesterio e bees entendía de se despereçer ao adiante, e por ende dixo que protestaua e protestou que qualquer cousa que sobre elo dexese e outorgase que todo fose en sy ninhún de dereito, por quanto o fasía por força e contra sua vontade e do dito seu monesterio, saluo en dar e outorgar a encomenda do dito seu monesterio a seu señor o conde don Fadrique, a que a ja avía dado.

Ano 1414
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 66
Páxina 106
Autoría Afonso Martís da Costa "escribano do dito señor Rey e notario público da dita çibdade de Ourense por lo obispo e iglesia dese lugar"
Tipo/finalidade/xénero Testemuño
Orixe Orixinal
Lingua
Localización [Santa Comba de Naves-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL