Sabean quantos esta carta biren como nos dom frey Gonçalo, abad do mosteiro de Santa María dOseira et o convento dese lugar damos a foro a vos Gonçalo Coenllo e a vosa moller Thareija Gonçales e a hun fillo ou filla danbos, qual nomear o postromeiro de vos, et, non sendo nomeado, que seja voz aquel quen de dereito herdar a mayor parte dos vosos bees, a teer de nos e por noso mosteiro en vosa vida de todos tres tan solamente por lo uso dos froytos, as nosas casas de Çea con seu curral e con todas suas pertenças, segundo que as ata aquí tiiña e usava i Martín Peres de Tarrío e sua moller Costança Lourença et as quaes soya teer Marina Capa Longa, con todas suas entradas e saydas.
|