logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de testamento viren como eu Afonso García de Seabra, estando doente de tal door que me Deus quiso dar, e teméndome de morte, que é cousa natural, renego ó diabro e todas suas obras e tentaçoes, outórgome por vasalo de meu Señor Ihu Xpo e de Santa María, sua madre, et rogo a San Miguell o Ango que resçiba a miña alma pera o meu señor Ihu Xpo, quando me de o corpo sayr, et mando meu corpo sepultar eno çimiterio de Sta Ma de Monte Ramo, hu jaz meu aboo Afonso Lopes, et mando y conmigo hun rocín dos da sela, et mando a Santa María d ' Avelenda toda quanta herdade eu ajo eno dito lugar d ' Avelenda, et mando ao mosteyro de Torbeo o casar de Sant Xstouoo, en que mora Juan Ferrandes e outro casar en Penapetada, os quaes le leixou meu padre, eu outórgollos de miña parte que os aja, según ja está posto entre min e o abade en raçón da encomenda, et mando ao mosteyro de Sant ' Croyo toda quanta herdade eu ajo eno couto de Sant ' Croyo, e mando que me canten dous anaás e dous trintanarios por miña alma, et mando pera miña sepultura que tomen quantos clérigos podesen aver que digan misas por miña alma e que lles dían dous mrs a cada hun e pan e viño e carne ou pescado por qual dia for, e que dían sobre miña coba çinquenta mrs, e outrosy mando que me façan boos terços de misas e de pan e de viño e de carne e que me oferenden de pan e de viño hun ano e dia, et mando ao mosteyro de Sant ' Payo d ' Avelenda hun casar que eu ajo en Felgoso, en que mora Vasco, fillo de Fernán Peres de Felgoso, et mándole mays o meu casar de Castidón, et mando a miña égoa facuda que a vendan e a dían por la alma de Afonso Martiins, abade que foy de Sant Bréximo, et edefico eno dito mosteyro de Santa María de Monte de Ramo vna capela perpetua pera senpre que se syrua y por miña alma, et leixo pera ela todas quantas herdades eu ajo eno couto de Bustelos, en Fonteita e en Paredes, en Sant ' Xristouoo, a saluo a que ja mandey a Torueo, e léixole mays o que eu ajo en Queyja e en Chandeyglesia de Riba de Sil, con todo o couto e señorío do dito couto, si for merçed do conde de mo leixar.

Ano 1417
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 69b
Páxina 110
Autoría Lopo Vaasques "escripuano de noso señor El Rey e seu notario público ena sua corte e en tódolos seus regnos e señoríos e notario público ena dita vila de Monforte et sua jurdiçón"
Tipo/finalidade/xénero Testamento
Orixe Traslado
Lingua
Localización [Monforte-L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL