logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Et visto en como eno término dos ditos pregoós non veeo ante nos outra persona algua que quisese querelar nen denunçiar sobre la rasón da dita morte do dito Gonçaluo Ferrandes, saluo a dita Tereyja Sanches, sua moller; et visto hua sentença ynterlocutoria por nos dada, en que reçebemos aa proua aa dita Tereyja Sanches da dita sua querela et acusaçón et ao dito Johán Ferrandes de suas exçepçoes et defensoes et de todo aquelo que prouado lles aproueytase sobre la dita rasón oo huun contra outro et o outro contra o outro; et visto as prouanças que sobre elo ante nos foron feitas por anbas las ditas partes, as quaes prouanças foron publicadas, mandando dar traslado delas a anbas las ditas partes; et visto as contraditas que sobre elo alegaron et razoaron fasta que que concludiron e pediron sentença; et nos ouuemos o dito proçeso de pleito por concluso et çerrado et asignamos término pera dar en elo sentença pera día çerto et dende endeante pera de cada día, segundo estilo de dereito, segundo que esto et outras cousas mays largamente son contiudas eno proçeso do dito pleito, avido sobre todo noso acordo et consello con omes boos leterados, sabedores de foro et de dereito, et con os meesmos seendo en lugar de julgar, as ditas partes presentes e sentença demandantes, achamos que o dito Johán Ferrandes prouou ben et conpridamente sua entençón, conuéen a saber: o dito Gonçaluo Ferrandes auerlo cometido de feito e de dereito e averlle dito primeiramente os sobre ditos deostos e injurias atroçes et cometéndoo primeiramente et deytándolle golpes por lo ferir ou matar se podera, por lo cual o dito Johán Ferrandes ouuo justa rasón et dereito et deu en defendemento do seu corpo e de sua vida.

Ano 1423
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 73b
Páxina 121
Autoría Pero Ferrandes de Seabal "notario publico da dita çibdade d ' Ourense por lo bispo e por la iglesia dese lugar"
Tipo/finalidade/xénero Sentenza
Orixe Traslado
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL