logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta viren como nos don frey Afonso Pernas, maestro en Santa Theología, por la graçia de Deus e da Santa Iglesia de Roma, obispo de Marocos, administrador perpetuo do mosteyro e abadía de Santo Stevo de Riba de Sil e frey Johán Ribeyra, prior, e frey Vasco de Çeboliño e frey Vasco de Lointra e frey Aluaro de Bouças, monjes do dito mosteyro, todos juntos en noso cabildo por son de canpaá tangida, segund que o avemos de uso e costume de nos juntar pera faser nosos foros, fasemos carta e damos a foro a vos Rodrigo Afonso de Nenoade e á vosa muller María Gonçalves, en vosa vida danbos, e ao postromeiro de vos que fique e a quatro vozes, que sejan fillos ou fillas que anbos, ajades de cunsún, e non nos avendo que sejan voses e poseedores aqueles ou aquelas que herdaren vosos bes mays de dereyto, e que a primeira voz nomee á segunda e a segunda á terçeira e a terçeyra nomee á quarta, así que sejan todas nomeadas, conbén a saber que vos aforamos o noso lugar de Nenoade, que he su signo de San Miguell de Melias, con todas suas casas e árvores, viñas e pastos, e devisos por doquer que van, perteçentes ao dito lugar, según que o trouxo vosa sogra Tereija Rodrigues e vos o dito Rodrigo Afonso fasta agora, con tal condiçón, que logo poñades vos o dito Rodrigo Afonso en estes primeiros tres anos çinco cavaduras de viña nova, onde disen so a Poça de Gondarelle, e mais, se mays monte achardes, e que deades e fagades foro, así uos como as ditas vozes, foro de quinta de todo dito lugar, así do que está feito como do por fazer e que feserdes de novo, así nos como as ditas vozes, e mays de dereytura vinte maravedís, todo por ollo de noso mordomo que por nos coller as nosas rentas ena nosa granja de San Miguell de Melias, ao qual proveredes de comer e veber, cada e quando que for demandar os ditos foros e as ubas na viña e a dereytura por San Martiño do mes de novenbro, e eso mesmo, que he posto que moredes, reparedes, labredes, por tal maneira que non desfallesca e se perga por méngoa de lavor e de boo paramento e non venderedes nen aforaredes nen enpenaredes nen sopenoraredes nen outro sobre foro faredes sen noso mandado e liçençia do dito noso mosteiro, e nono querendo, que entonces o dedes a persoa que seja voso igual e que pague os foros e cunpla todas as condiçós sobre ditas, e eso mesmo que así nos como as ditas voses venades con do que toverdes á honrar nosas festas de Santo Stevo, e eso mesmo, que cada persona que cada e quando se aconteçer vacar, que pague por loytosa dez maravedís vellos, e eso mesmo, que sejades serventes e obedientes á nos e ao dito mosteiro e á nosos suçesores que por lo tenpo foren.

Ano 1479
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 91
Páxina 154
Autoría Juan de Molina "clérigo da diócesis de Jaén, notario en el couto de San Estevan"
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ribas de Sil-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL