Iten, preguntado por lo quarto artícolo etc., diso o dito testigo que o señor abade lles deytara por pedido pera correger a torre de Vilanova, quando a derribou a Hermandade, a cada un çento e viinte maravedis vellos e quanto era aas loytosas que avía de lebar quatro pea e que lebara hua peça de pano a Estebo de Sumeso e que lebara hua cuba con viño Alvaro d ' Outeiro da Encomuya, e que do al non sabía.
Ano 1481 Título abreviado VFD Título Vida e fala dos devanceiros Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia. Capítulo 92 Páxina 158 Autoría Martín Afonso "notario" Fernando de Çedeyra "escriuano e notario" Tipo/finalidade/xénero Testemuñas e probanzas Orixe Orixinal Lingua Localización Celanova-Ou