logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ano do naçemento do noso señor Ihu Xpo de mill e quatro çentos et oytenta et oyto anos, a tres dias do mes de janeiro do sobre dito ano, et en presençia de min notario et testigo infra escriptos, estando este dito día eno cabildo do mosteiro de Çelanova da diócesis de Orense, da horden de Sant Benedito, el reuerendo padre señor don frey Lopo de Ribadal, por la devinal prouidençia abbade do dito mosteiro, et con él sentados eno dito cabildo os devotos religiosos frey Vaasco d ' Aguiar, prior cabstral do dito mosteiro, et frey Jácome Sant Jurjo, prior de la Nave, et frey Afonso d ' Oeste, prior de Ribeyra, et frey Jácome de Lançia, suprior, et frey Afonso Caluo, cantor, et frey Aluaro Salgado et frey Iohan Branco, vistiarios, et frey Pedro de Prado, procurador enas cabsas do dito mosteiro, et frey Johán Feote et frey Gonçaluo Núnez, todos monges do dito mosteiro, todos juntados eno dito seu cabildo por son de canpaá tangyda, segund que o han de uso e de costume de sua orden, todos juntados et de un acordo diseron que por quanto á suas notiçias era viindo e a eles feyto a entender que os veziños moradores da aldea de Sabuzedo de Limia, que eran et perteesçían ao dito seu mosteiro, se subtrayeran et leuantaran sub çerta forma, dizendo que eran biatrías ou realengo, e seendo do dito seu mosteiro, segund que estaba en poseysón de leuaren deles e de alguus deles çertas rentas, foros et cabedays de pan et carne et diñeiros e outras cousas, que eles protestaban et protestaron que o dereyto seu e do dito seu mosteiro non se perdese et a todo tenpo de o averen et cobraren, asy por ante as justiçias del Rey et Reyna, nros señores, como por ante el nro muy Santo Padre, et por donde seu dereyto mays valese, et que todo aquelo que os ditos labradores, veziños et moradores da dita aldea e couto de Sabuzedo en seu perjudiçio e do dito seu mosteiro outra qual quer persona sobre elo fezesen ou disesen o trabtasen, que fose en sy ningund et de ningund valor, agora et a todo tenpo, et que reclamavan et reclamaron, protestando de os ditos veziños e moradores da dita aldea, como outras quaes quer personas que lle asy embargasen ou prejudicasen ou tentasen prejudicar a jurdiçón e dereito que avían a elo, de cayeren e encorreren en todas aquelas penas e çinsuras en que cayen et encorren todos aqueles que toman o alleo contra vontade de seus dopnos, por força e contra dereito, e quebrantan a jurdiçión e libertad etclesiástica, et que imploravan et inploraron sobre elo a jurdiçion etclesiástica et os priuilejos de sua horden et do dito seu mosteiro, et pediron a min notario, que lles dese asy vn ou dous ou tres testimonios, synados ou aqueles que lles mester fezesen pera goarda et conprouación de seu dereito et do dito seu mosteiro, mays largamente feytos et ordenados, con acordo e consello de letrados, se mester fose.

Ano 1488
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 105
Páxina 193
Autoría Aluaro Martís "escriuano et notario público por el Rey et Reyna, nros señores, ena sua corte et en todos los seus Reynos e señoríos et notario público jurado eno dito mosteiro de Çelanova et en todas suas terras e señoríos por lo dito señor don Abbade"
Tipo/finalidade/xénero Auto de testemuña
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Celanova-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL