logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sepan quantos esta presente escriptura de manda e testamento viren como eu Tereyja Garçía, muller que finquey de Juan Garçía d ' Outeiro, que Deus aja, veziña e moradora que soo eno lugar d ' Outeiro, freyguesía de San Juan de Bibeyro, que soo presente, sentyndome vella de muitos dias e apesyonada do meu corpo e teméndome da morte, que he cousa natural de que ningua criatura nasçida pode escapar, e porque meu desejo e vontade he de deyxar meu feyto ben ordenado á seruiçio de Deus, nuestro señor, e prol de miña ánima e onrra de miñas carnes, por tal que despoys de meu pasamento non aja nin recreça pleyto nin contenda entre meus fillos e erdeyros sobre razón de meus bees e fazenda, y estando en todo meu acordo e siso e juyzio natural, qual Deus, nuestro señor, tebo por ben de me dar, fago e ordeno este meu testamento en la maneyra que se sygue; primeyramente, mando y encomendo a miña ánima ao meu señor Ihu Xpo, que la conprou e redemiou por la sua santysima, justa e mui preçiosa sangre ena árbore da sancta bera cruz, e rogo e pido por merçed a la gloriosa virgen Sancta María, madre do meu señor Ihu Xpo, que senpre tube por señora e abogada mía e agora muyto mays devoutamente, e a todos los ángeles, arcángeles, apóstoles, mártires e confesores e a todos los outros sanctos e sanctas da corte çelestial e da gloria do parayso, que todos queyran ser meus abogados e rogar por min, pecadora, a meu señor Ihesu Xpo, que me queyra perdoar todas las miñas culpas e pecados que ajo feytos e cometidos contra a sua santysima vontade, e queyra levar la miña ánima á sua sancta gloria do parayso, quando á sua merçed a prouber asy.

Ano 1519
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 122
Páxina 220
Autoría Fernando d ' Almás "notario"
Tipo/finalidade/xénero Protocolo notarial-testamento (manda e testamento)
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Celanova-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL