Et en quanto á dita peresquisa, disemos que, por quanto o dito Afonso Sanches con reberençia fallando do dito señor Rey e do dito señor correjedor, feso relaçón non çerta et gaanou a dita carta ynjustamente et non como deuya de dereito, sen as partes seeren oydas nen vençidas, por ende requerimos ao dito señor correjedor que, por quanto o dito Afonso Sanches et seus omees foron agresores et cometedores, leuantadores de algua peleja,roydo ou escandalo que se ena dita çibdade ouuese luantado et de outros malefiçios que ende foron feitos, et outrosy, por quanto os omees do dito Afonso Sanches feriron ena mao dereyta a Loys Gonçalues, juis ordenario da dita çibdade, o qual dito Loys Gonçalues ao presente aynda está maao et ferido et os feytores do dito malefiçio se acolleron ás pousadas donde pousaua o dito Afonso Sanches, estando él presente e non querendo entregar o dito Alfonso Sanches os malfeytores aa justiça, sendo requerido et defendendoos con armas, yndo e pasando contra as leys do ordenamento do Reyno et fasendo o dito Afonso Sanches et seus omees ena dita çibdade outros moytos delitos et crimes et ynjurias e desonrras aos vesiños da dita çibdade por lo qual se algúun dapno se recreçeu, él foy causa delo, segundo que por parte do dito conçello será prouado.
|