logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Et despois desto, ena dita çidade d ' Ourense, dia lues, dose dias do mes de mayo do dito ano, ena yglesia catredal do Señor San Martiño, eno Paraíso da dita iglesia, estando presentes en conçello Garçía Dias d ' Espinosa e Estevo Fernandes e Johán Peres de Junqueira, rejedores, e Rodrigo Garçía e meestre Fernando, juises da dita çidade, e Pascoal Rodrigues, procurador do conçello da dita çidade, e Afonso Rodrigues das Camoyras e Pero Fernandes de Porçomillos, notario, e parte de outros vesiños da dita çidade, logo os ditos rejedores e juises e procurador e omees ordenaron sobre rasón das carnes en esta maneira que se sige: que carniçeiro nehun nen outra pesona nehua non vendesen nen foren ousados de vender o carneiro capado e culludo mays que a seys diñeiros a libra, et cabrón capado, a quinçe diñeiros, e o cabrón culludo e a cabra, a hua branca, so pena de perderen a tal carne e de perderen mays de pena dose mrs vellos, e a tal pena que seja a meatade pera o conçello e a meatade pera os juises,et non querendo asy dar o dito carneiro e cabrón e cabra á dita valía, segundo dito he, que sejan caydos ena dita pena, e demays que non posa vender cabrós nen carneiros nen cabras, se os venderen que lles llos tomen e demays que percan a dita pena et que os ditos juises que sejan tiundos de exsepcutar a dita pena, so pena, que se o non feseren, que os rejedores et procurador et conçello pinoren aos ditos juises por ela, sobre lo qual os ditos juises feseron juramento en forma deuida, que lles sacaron os ditos rejedores de a exsepcutar a dita pena a quen en ela caese, so pena de ynfames et ser perjuros e de a non quitar a pesona nehua etc.

Ano 1432
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 75
Páxina 89
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-ordenanza
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL