Et despois desto, ena dita çidade d ' Ourense, dia sesta feyra, des e sete dias do dito mes de abril do dito ano, estando juntados en conçello et cabíidoo Pero Sanches de Baeça, arçediano de Baronçelle, Johán d ' Ortega, mestre escola, et Martin Ans, arçediano de Limia, Manuel Afonso, tesoureiro, Rodrigo Afonso, Aluaro Fernandes, Pero Carniçeiro, Gomes Eans, Meen d ' Ares, coengos ena dita iglesia, Afonso Ans, bachiller, et Garçía Dias d ' Espinosa, Gonçaluo de Bouteiro, Goterre Afonso, Gomes de Chantada, rejedores, Gonçaluo Ans, Johán Peres, juises, Pascoal Rodrigues, procurador da dita çidade, Johán Paas, notario, Martín de Trella, mestre Fernando, Afonso Anrriques, Johán Garçía, Pero Rodrigues, Johán de Deus, Aluaro Fernandes, carniçeiros, e parte dos visiños da dita çidade, logo todos as pesonas do dito cabíidoo i os ditos juises et rejedores e procurador e omees boos da dita çidade ordenaron sobre las carnes e confirmaron a ordenança vella segundo que estaua feita; e que qual quer carniçeiro que vender carne de boy ou de baca que día a libra da carne de boy ou de baca a dous diñeiros maravedí, su a pena que está ordeanda i o carneiro capado e culludo a VI diñeiros ata San Johán, e dende en diante, que dían o culludo, segundo que está ordenado, i o capado VI diñeiros libra, e cabrón a IIII diñeiros a libra, e a cabra e ovella III diñeiros a libra, et su a dita pena, et que cada carniçeiro que quiseer matar carne, que seja tiundo de dar cada somana hun boy, segundo que está ordenado su a dita pena, e o que non der o dito boy que non use do ofiçio nen venda carne nenhua, su a dita pena.
|