Despois desto, ena dita çidade d ' Ourense, eno cabíidoo da iglesia catredal do señor San Martiño da dita çidade, presentes y en cabíidoo et conçello Johán d ' Ortega, meestre escola ena iglesia d ' Ourense, et procurador do señor don Diego, obispo d ' Ourense, et Pedro Sanches de Baeça, arçediano de Baronçelle, ena dita iglesia, et Johán Martines, arçediano de Búbal, ena dita iglesia, et Martín Ans, arçediano de Limia, e Rodrigo Afonso, coengo e vigario do deán, don Pedro Ares de Vaamonde, et Manuel Afonso, tesoureiro, et Lourenço Ans e Gomes Yans e Loys Fernandes e Gonçaluo Gonçalues, coengos ena dita iglesia d ' Ourense, e Pedro Gomes, procurador dos ditos benefiçiados, et Pedro Rodrigues, alcallde e juis ena dita çidade, juis en lugar do dito señor obispo, e alcallde por noso señor El Rey, en lugar de Fernando Gonçalues del Castelo, correjedor por lo dito señor Rey etc., et Loys Gonçalues e Aluaro Afonso e Goterre Afonso e Gomes de Chantada, rejedores da dita çidade, Afonso Anrriques, procurador do dito conçello da dita çidade, et Meen de Seabra Aluaro Çide e Afonso Ans da Lagea, parte dos vesiños da dita çidade; outrosy, estando y presentes Martín Péres de Trella, Aluaro, carniçeiros, vesiños da dita çidade, estando todos avendo seu acordo et deliberaçón et consello sobre rasón da carniçaría e dos carniçeiros que non dauan carne, segundo que se obligaran, logo os ditos señores feseron pregunta aos ditos Martín Peres e Aluaro, carniçeiros, se se querían obrigar de dar carne abondo á dita çidade con os outros carniçeiros, en tal maneira que o dito señor obispo e cabídoo e conçello e vesinos da dita çidade ouuese abondo de carne de boys e de vacas e carneiros e cabirtos e rojeelos, et que non falesçese, e que a desen a rasón de dous diñeiros e medio dia de Todos los Santos en vante, et se esto non quisesen, que se demetisen do dito ofiçio e que non usasen dél en matar nen vender carnes nehuas das sobre ditas por sy nen por outra nehua, so pena de seys çentos mrs que pagasen de pena pera o dito conçello, se delo usasen.
|