logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos como eno ano do naçemento do noso señor Ihesu Xpo de mill quatroçentos et triinta e quatro anos, dia domingo, dose dias do mes de desenbro, ena iglesia catredal do señor San Martiño, dentro, eno cabíidoo de dita iglesia, en presença de min o dito Aluaro Afonso, notario e testemuyas de juso escriptas, sendo y presentes en cabíidoo e conçello por mandado do señor don Diego, obispo d ' Ourense, Martín Sanches, abade da iglesia da Triindade e vigario jeeral ena dita iglesia, çibdade et obispado d ' Ourense por lo dito señor obispo, et Pero Sanches de Baeça, arçediano de Baronçelle, ena dita iglesia, e juis ena audiençia do dito señor obispo, et Juan d ' Ortega, meestre escola ena dita iglesia d ' Ourense et procurador do dito señor obispo, et Rodrigo Affonso, canónigo ena dita iglesia et vigario ena dita iglesia por don Pero Ares de Vaamonde, deán dela, et Manoel Afonso, tesoureiro, et Gomes Yans, Ares Gonçalues de Lariño, et Lourenço Yans et Loys de Mira, cardeáas ena dita iglesia, et Martín Ans, arçediano de Lymia, ena dita iglesia et Aluaro d ' Agyar, coengo ena dita iglesia et vigario ena dita iglesia por Aluaro Gomes d ' Escalona, chantre na dita iglesia, et Afonso Yans, canónigo ena dita iglesia et Pero Gomes, raçoeyro ena dita iglesia e procurador do dito cabíidoo, et outrosy estando y presentes Loys Gonçalues das Tendas, Aluaro Afonso da Fonteyna et Gomes de Chantada, Goterre Afonso, rejedores da dita çidade, et Afonso Anrriques, procurador do dito conçello da dita çidade d ' Ourense, et Meen Suares Galinato e Pero Fernandes de Porçomillos e parte dos vesiños da dita çidade, logo os ditos señores do dito conçello e cabíidoo diseron que por rasón que ena dita çidade se usaua que os testamentos que pasauan por los notarios da dita çidade dos vesiños e moradores dela et outrosy dos ditos benefiçiados, que os ditos notarios os non dauan signados fasta que fosen ao chançeller da dita iglesia et por os vesiños da dita çidade agraueauan delo, por que o dito chançeller leuaua grandes contías de mrs et por sy meesmo os taixaua como lle prasía et en mays grandes contías de mrs que os ditos testamentos meresçían auer de seu selario, et dauan aos notarios por quen pasauan pouco selario, leuando él o traballo et o dito chanceller leuando a demaosía, por causa do qual et eso meesmo da dita taixaçón que se asy fasía maleçiosamente os ditos vesiños e moradores da dita çidade et benefiçiados se sustrayan de faser seus testamentos et morrían abentestatos et alguas personas que os fasían seus herdeiros et conpridores que ficauan dos ditos finados os leixauan de os sacar dos notarios por quen pasaua por causa da dita taixaçón et carestía.

Ano 1434
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 96
Páxina 107
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-ordenanza
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL