logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ano sobre dito de XXXV anos, a XXVII dias do mes de setenbro, ena praça do Canpo, presentes y don Fernando Ans, arçediano de Castela ena iglesia d ' Ourense e vigario do señor don Diego, obispo d ' Ourense, et Johán d ' Espinosa, coengo ena dita iglesia, et Gonçaluo Dias d ' Espinosa, Loys Gonçalues, rejedores, et Pero Fernandes de Porçomillos, juis, Afonso Ares, procurador do dito conçello, logo o dito Afonso Ares, procurador, tomou testigos contra o dito vigario et prouisor e juis et rejedores que, por rasón que estaua feita ordenaçión sobre a vendimia et que persona nenhua a non byrase, so pena de dez e oyto libras e so pena descomuyón e de mays de lle tiraren as vendimadeiras da viña, segundo que a dita ordenança mays conpridamente estaua ordenada de tenpo antigoo, et agora o señor abade da Triindá Martín Sanches avya birado a dita vendimia et avya dado ena Balancá, qual se non deuya de dar ata que fose á Carbaleira, e agora andauan en Souto Sanyn, por ende que lles requería que lle fosen tirar as vendimadeiras da viña e o pinorasen por la pena, e non lle consentisen que a birasen, senón protestaua que a liberdade do dito conçello non se perdese por elo, et que o dito abade non ouuese por elo jurdiçón nen se chamase á uso et custume et de se querelar á noso señor El Rey e a noso señor obispo etc.

Ano 1435
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 102
Páxina 115
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-testemuño
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL