logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ena çidade d ' Ourense, viinte et hun dias do mes de oytubro, ena çidade d ' Ourense, ano do naçemento do noso señor Ihu Xpo de mill e quatroçentos et quareenta et dous anos, eno cabíidoo da iglesia catredal do señor San Martiño, estando y presente en cabíidoo et conçello Martín Ans, arçediano de Limia ena iglesia d ' Ourense, Manuel Afonso, tesoureiro, Afonso Gonçalues, bachiller en Decretos, canónigo et vigario do deán ena dita iglesia, Roy Afonso, Aluaro d ' Aguiar, Gonçaluo Nunes, Roy Ans, Pedro Gomes, Loys Mariño, Diego Aluares de Soutomayor, Loys Gonçalues, Aluaro Afonso, Gomes Peres, regedores, Afonso Anrriques, juis, Aluaro Afonso, procurador do dito conçello, Meendo de Seabra, Meen Suares, Afonso de Meende, Gomes Yans, Johán Paas, notarios, Martín Peres de Trella, Afonso Vaasques, Ares Ferrnandes, Gomes de Ramuyn, Nuno Patiño, parte dos outros vesiños da dita çidade, en presença de min o notario et testemuyas de juso escriptas, logo os ditos benefiçiados do dito cabíidoo et juis et regedores et procurador et omes boos diseron que por rasón que o señor arçebispo de Santiago et o conçello e cabíidoo da dita iglesia et çidade de Santiago, en deseruiço de noso señor El Rey et de suas rentas et alcaualas et en dano et perjuiso da dita çidade et iglesia d ' Ourense et dos coutos do dito señor obispo et outrosy en deseruiço do dito señor obispo etc, ordenaran et poseran estatuto que qual quer persona que leuase viño rosete nouo da dita çidade et coutos en todo o dito arçibispado que o non vendese mays de II mrs et o vello que tiñan alló que vendían a quatro mrs o tal tauerneiro que aquí compraua o tal viño lle costaua logo aquí ao primeiro diñeiro con alcaualas et sisa et pasageen os ditos dous mrs, se alugeiro de bestas e vianda e costo et afán, por lo qual perdían os que asy veesen por lo dito viño e non entrarían por él et veenría grande mal e dano á dita çidade, coutos e bispo et cabíidoo et conçello e ao dito obispado et deseruiço ao dito señor Rey en suas alcaualas, por ende que ordenauan asy ena dita çidade como en todos los coutos do dito señor obispo con san Cibraao et a Balançáa, que persona nehua dos vesiños da dita çidade, asy clérigo como leigo, que non vendese viño nehún a persona nehua de todo o arçebispado de Santiago menos de çen mrs cada moyo de viño despeto, et qual quer persona que o vendese menos que page de pena pera a obra da ponte d ' Ourense seysçentos mrs vellos, pero si mays quisesen pedyr e poer o non podese vender a mayor preço que o vendese, mays que non desçendese dos ditos çen mrs, su a dita pena, et outrosy que nehua persona dos moradores dos ditos coutos que vender os ditos viños que non dese cada moyo de viño rosete menos de noveenta mrs vellos, so pena que pagase de pena os ditos seysçentos mrs et se mays quisese pedyr ou leuar que mays leuase ou pedise por cada moyo de viño, que non deçendese do dito preço, su a dita pena, et outrosy que non vendese viño nehún ao canto, su a dita pena, mays que logo lle tallase a venda.

Ano 1442
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 126
Páxina 132
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-contrato
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL