logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ano de XLIII, trece dias do mes de março, en Ourense, eno cabíidoo da iglesia de San Martiño, presentes ende en cabíidoo et conçello Fernando Ans, arçediano de Castela ena iglesia d ' Ourense, Johán d ' Ortega, meestre escola, Diego Aluares de Soutomayor, arçediano de Baronçelle, Martín Ans tín Ans, arçediano de Limia, Gonçaluo Nunes, Fernando Afonso, Ares Gonçalues, Loys de Mira, coengos, Gil Fernandes, procurador, Gomes Peres, Meendo de Seabra, juises, Loys Gonçalues, Aluaro Afonso, Afonso Ans, juises, Afonso Anrriques, procurador, logo todos ordenaron que por rasón que o arçebispo et cabíidoo et conçello da iglesia et çidade de Santiago, en gran deseruiço de Deus et del Rey, noso señor, et desta çibdade et o señor obispo et cabíidoo e conçello e da república da terra feseran milipodio et estanco eno sviños desta dita çidade et coutos, que non valuese senón II mrs o açumbre etc. et foran requeridos por carta del Rey e por elles e o non quiseran desatar etc, por ende que ordenauan que qual quer persona de todo o arçebispado de Santiago que mercase viño en toda a dita çidade et coutos do dito señor obispo, que pagase por cada moyo de viño dez mrs vellos, aalende da alcauala e sisa e barqas et pasageen et que todo pagase cada vez que o mercasen et que se -sacase todo aa barqa, e que non consentisen que viño nehún dos coutos que pasase senón por la barqa, e que qual quer persona que ende posesen et eligisen que recadasen os ditos X mrs de cada moyo de viño, so pena de seysçentos mrs et su a dita pena que o non leixasen pasar senón que veese á pasar por la barqa, et que se escripuise todo cada dia o que rendía et posesen os mrs en fieldade cada dia en poder de Afonso Ans da Lagea, regedor, pera que os teuese de manifesto et dese de todo elo conta con pago.

Ano 1443
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 127
Páxina 134
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-ordenanza
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL