logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sauean quantos esta carta de venda viren como eu Bietrís Gonçales, muller que foy de Esteuo Fernandes da Praça, regidor que foy da çibdad d ' Ourense, veziña e moradora ena dita çibdad, vendo firmemente por min e por toda miña voz e de dízemo a Deus pera por senpre et logo por esta presente carta entrego a vos o Conçello, jueces et regidores e procurador e omes boos do conçello da çibdad d ' Ourense et a vos Loys Gonçales das Tendas, Vasco Gomes, Afonso Yañes da Lagea, Martín do Cabo, Gomes Peres, Aluaro Afonso da Fonteyña, regidores da dita çibdad, que soos presentes et a vos Afonso Enrriques, procurador general do dito conçello, que eso mismo estades presente, en nome do dito conçello et a todas las vozes do dito conçello, de dízemo a Deus, pera senpre, conbén a sauer, que vos vendo a metade do curral con a metade da casa que está eno dito curral e con toda a orta que está tras lo dito curral e casa que está ena çibdade d ' Ourense ena rúa Noua, que está junto con la praça do Canpo, a qual dita casa e curral e orta parte de ua das partes con outra casa de Aluaro Afonso, notario, e da outra parte con outras casas de tendas de min a dita Biatrís Gonçalues e de miña yrmáa Eynés Gonçales e ten as portas ena rúa pública da rúa Noua, que sal contra a praça do Canpo, e a dita orta parte con orta e casas que foron de Rodrigo Paas e da outra parte con orta de dita mina yrmáa Eynés Gonçales e con orta que foy de Pero Dias da Castro e detrás fere en las viñas do Carregal que están ena atafona, a qual dita ametade do dito curral con a dita ametade da casa que en él está e con toda a dita orta vos vendo por taes condiçóos: que en miña vida que leue os frutos das oulibeiras e áruores que están ena dita orta e que aja entrada e saída pera en miña vida pera leuar os ditos frutos e procurar as ditas áruores, e despoys de miña morte, que as ditas áruores e frutos e ouliueiras fiquen firmes, libres e quites de dízymo a Deus pera senpre ao dito conçello con a dita orta e curral e ametade da dita casa, segund dito he.

Ano 1446
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 175b
Páxina 179
Autoría Aluaro Afonso "notario que fue de la dicha çibdad e obispado de Ourense"
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Traslado
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL