logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ena çidade d ' Ourense, quinze dias do mes de dezenbro, ano do nasçemento de nosso señor Ihu Xpo, de mill e quatroçentos e quareenta e oyto anos enas cassas de morada de Luys Gonçalues, regidor da dita çidade, estando y presente Afonso Eanes da Lagea e Afonso Anrriques, juiz da dita çidade, et o dito Luys Gonçalues, Gomes Peres de Chantada Vaasco Gomes, regidores da dita çidade, outrosy estando y presente Rodrigo Alamán, tendeyro, veziño e morador ena çidade de Santiago, en presença de min o notario e testemuyas de juso scriptas, logo os ditos juizes e regidores diseron que por razón que o dito Rodrigo Alamán era beziño desta dita çidade d ' Ourense et estaua abinido e tiña feito aviinça con o dito conçello de pagar de cada ano ao dito conçello de abiinça çento e çinquenta mrs, branca en tres diñeiros, segundo que auía pasado por min dito notario mays conpridamente, et agora o dito Rodrigo Alamán dezía que non quería estar ena dita abiinça, por quanto dezía que era danossa a él, por pagar de cada ano tanta quantía de mrs e lle viña delo descabo e perda e se auía delo queyxado ao señor fray Pedro da Silua, bispo desta çidade, et o dito señor obispo lles auía rogado que lle fezesen graça ena dita abiinça, por quanto era agrauatoria contra o dito Rodrigo Alamán, en pagar de cada ano tantos mrs de abiinça e non auer outra persona ninhua de fora da dita çidade nen de dentro da dita çidade que tanto pagasse de aviinça de cada ano, e o dito Rodrigo Alamán se quería demitir de beziño e da abiinça, por ende diseron que considerando todo esto que tornauan a dita abiinça que o dito Rodrigo Alamán tiña feita por los ditos çento e çinqueenta mrs en outeenta mrs de moneda vella, branca en tres diñeiros, e que fazían abiinça eo dito Rodrigo Alamán por todo tenpo de sua vida e o reçibían por veziño da dita çidade...

Ano 1448
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 179
Páxina 184
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-avinza
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL