logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos o conçello, juises, regidores, procurador e omes boos da çidade d ' Ourense damos outorgamos, aforamos a vos Fernán Ferro, mercador, vesiño e morador desta çibdade, que sodes presente, e a Ynés Sanches, vosa moller, que he absente, e a todas vosas voses e suas pera senpre hunns soares de huas nosas casas, que están ena Rúa Nova desta çibdade, como topan de hua parte con casas de Pero Gonçalues, mercador, e da outra parte con casas de Roy Gonçalues de Maçeyredo e de Afonso de Lamela, e ten as portas ena dita rúa púbrica da Rúa Nova e detrás topa enas ortas do conçello, as quaes vos aforamos con estas condiçoes: que façades envaixo delas, descontra as casas dos ditos Roy Gonçalues e Afonso de Lamela, a porta para sobir aas casas e sobrados que en çima dos ditos soares avedes faser, e outra porta para a tenda de bayxo, do qual dito soar debayxo vos serán dadas as demarcaçoes por donde avedes de faser a parede para as ditas casas e tenda, a qual parede ha de seer tan longa como o primero canto da parede que está enas ditas casas dos ditos Roy Gonçalues e Afonso de Lamela, e todo o al ha de quedar libre ao dito conçello fasta as casas do dito Pero Gonçalues e con todo o al detrás, e que os sobrados que fesésedes sejan uosos e do dito uoso foro, et a entrada que o dito conçello ha de auer para a orta do dito conçello e para os outros soares de bayxo, que façades os portalles, asy para as ditas uosas casas e tenda como para a outra que fica con o dito conçello, por vosa custa, e que ajades as portas que y están feitas por vos, e que dedes e pagedes en cada un ano ao dito conçello en pas e en saluo por cada dia de San Martiño do mes de novenbro sesenta mrs vellos da moeda que chaamente correr por lo tenpo; e do al, que o ajades de dísemo a Deus, libres e quitees de todo outro tributo e encargo algúun, e, se as quiserdes vender deytar ou supinorar ou enajenar ou traspasar, que primeiramente frontedes con elas ao dito conçello, para que as aja por lo justo preçio, se quiseren, segundo que o dereito en tal caso manda, e non as querendo, seendo requeridos, que estonçe as posades vender, deytar, supenorar ou enajenar ou traspasar a taes personas que sejan uosos semellables, que leuanten as ditas casas dos ditos sobrados e debayxo das ditas tendas e pagen o dito foro en cada un ano ao dito conçello e cunpran as condiçoes desta carta e cada hua delas.

Ano 1477
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 194
Páxina 195
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Concello de Ourense-foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL