Ano de mill e quatrosentos e oytenta e quatro anos, dias dous de feureiro, ena çibdade d ' Ourense, Pero de Deus, sobriño de Roy d ' Angieyra, diso que por rasón que él bibera e morara en Çamora con seu tyo Martín de Chauín e con Joana Parda, sua moller, e que agora él fesera sua conta con o dito Martín Chauín do tenpo que con él morara e con sua moller Juana Parda, e o dito Martín de Chauín lle auía pagado e pagara todo o que lle deuía e asy o que lle deuía á dita Juana Parda, que él se daba e dou por pago de todo elo, e os dous por libres, quites das ditas suas soldadas a eles e a seus bees pera senpre, e lles otorgou delo carta de pago, tasa e de fin e quito etc.
|