logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Logo o dito Pero Fernandes, en nome do dito conçello, diso que pedía, frontaua e requería aos ditos abade e Garçía Dias que, por quanto ontre seus omees delles era feito debate, conbén a saber, ontre omees de Lupo Nunes de Ribella escudeiro do dito Garçía Dias, e ontre Aluaro da Fonte, ome de pe do dito abade, en esta maneira: que omees de Lopo Nunes avían tomado ao dito Aluaro da Fonte por força hua foroa, e despois o dito Aluaro da Fonte, por sy meesmo sen juis et sen justiça, avía tomado hua espada a un ome do dito Lupo Nunes, por achaque da dita foroa, et despois que omees do dito Lopo Nunes, por seu mandado, que avían tomado e roubado a omees deste dito conçello cinquo espadas, por força e contra dereito e eno camiño de noso Señor El Rey, mansos e seguros, non amirando nen gardando elles nen cada huus delles as leys e ordenanças que noso Señor El Rey feso das tomas et pínoras. por ende que él, en nome do dito conçello, pedía, frontaua et requería aos ditos señores abade e Garçía Dias que presentasen cada huus do ditos tomadores e os posesen en cadea e fesesen entregar as ditas prendas aos vesiños e moradores do dito conçello, sen outra perda e custa e dapno algún, e faséndoo asy que farían ben e dereito e conprirían as leys e ordenanças do dito señor Rey, en outra maneira, non no querendo elles ou cada hun delles asy faser, que él, en nome do dito conçello, protestaua e protestou que os ditos Garçía Dias e abade fosen caydos e encorridos enas penas, ordenanças, que o dito señor Rey ordenaua en sua ley, et de cayr en todas perdas e dapnos e custas e yntereses e pínoras, tomas e mortes e omesíos que sobre esta rasón recreçesen en elles e seus bees, i os ditos fasedores et cometedores da causa fosen a elo tiundos et obrigados et non o dito conçello.

Ano 1432
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 225
Páxina 250
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-requirimento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL