Et despois desto, lues, XXV dias do dito mes, estando juntados en maneira de conçello Garçía Dias d ' Espinosa et Goterre Afonso e Estebo Fernandes e Gonçaluo de Bouteiro e Aluaro Afonso da Fonteyña, rejedores, e Gomes de Chantada e Afonso Ans, juis, e Garçía Vaasques, procurador do dito conçello, e Fernando Ans, arçediano de Castella e vicario jeeral e prouisor lugar tenente de don Diego, obispo do dito obispado d ' Ourense, et Meen de Seabra et Gomes Eeans, notario, e Afonso do Cabo e parte de outro vesiños e moradores ena dita çidade, logo os ditos rejedores tomaron testemuyo contra o dito vigario que por rasón que em esta çidade estauan e eran feytos çertos agráueos dos rousíos e praças que avyan tomado ao dito conçello e ao cabídoo da dita çidade, enas quaes avían feito e fasían en grande dapno e perjuiso da dita çidade casas e poyáas et tendas e balcóos, os quaes se non deuían faser, os quaes logo nomearon as tendas que Aldonça Afonso feso contra a Praça do Pescado e a tenda que Juan Paas fas ena dita Praça do Pescado, junto con a iglesia de Santa María Madanella, e a parede que Garçía Dias feso, á par das casas onde él mora, e os brancos de Martín de Trella, que están acostados á torre do Curral et os esteos que están á par da iglesia de Santa María Madanella, os quaes son das casas que foron do tesoyreyro e a casa de Afonso do Cabo, que está ena rúa dos Arçedianos, mays todos los outros agráueos que son feytos en dapno et perjuiso do dito conçello e do dito cabídoo e vesiños e moradores da dita çidade, por ende que pedían, frontauan ao dito prouisor e vigario que non consentese faser os ditos agráueos et que os mandase logo desfaser, en tal maneira que fosen logo desfeytos, e elles que estauan prestes de dar todo fauor et ajuda en elo pera que se os ditos agráueos e casas desfesesen, et fasendo asy que farían ben e dereito e aquelo que era tiundo e obrigado, por quanto era prouisor e estaua en lugar do dito señor obispo et deuía desatar os taes agráueos, como señor superano, senón que protestaua e protestaron en todo tenpo que as ditas casas fosen desfeytas, et que fosen feitas por força e contra dereito, e como aqueles que fasen eno aleo contra vontade de seus dopnos, e de se querellaren dél a noso señor El Rey e a noso señor obispo e onde quer que seu dereito fose etc.
|