logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sete dias de agosto, ano de mill e quatro çentos e quarenta e un anos, en Ourense, ena plaça do Canpo, estando y presentes Meendo de Seabra, juis da dita çibdade, et Aluaro Afonso da Fonteyña e Gomes Peres de Chantada et Garçía Fernandes de Cobreyros, procurador geeral da dita çibdade, en presença de min o dito Aluaro Afonso, notario a cétera, logo o dito Garçía Fernandes, en nome do dito conçello, diso que, por rasón que desta dita çibdade avían partido Pero Dias de Cadorna e Martín Sánches, abade da Triindade da dita çibdade, con çerta gente de cavalo e de pe, pera Milmanda, sobre rasón de çerto insulto que ena dita villa de Millmanda avían feyto Martín de Castro, con peça de gente do señorío de Purtogal, eno qual o dito Martín de Castro diso que levara preso a Gonçaluo de Nugeira e poseran fogos ena dita vila, et os ditos Pero Dias e Martín Sanches, abade, foran con Afonso Vaasques e con suas jentes e escudeiros et omes ao reyno de Purtugal, eno qual trouxeran çertos omes presos et çertos bois et vacas, dos quaes trouxera o dito Pero Dias çertos bois et vacas, a esta dita çidade, et non foron por consentimento nen mandados dos juises, regedores, procurador et omes boos, visiños et moradores da dita çidade, ante lles pesaua dello, por ende, diseron que protestauan e protestaron que o dito conçello, juises et regedores e procurador et omes boos non fosen tiudos nen obrigados ás ditas píñoras, nen dano que asy avían feito os ditos abade e Pero Dias e Afonso Vaasques, seus escudeiros e omes boos, aos do dito reyno de Purtugal, nen fosen tiudos á quebrantamento de trégoas nen de outra cousa algua, et que pedían asy sinado, protestando de o dar por escripto et cétera.

Ano 1441
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 250
Páxina 272
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-testemuño
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL