A quince dias de Abril, en Ourense, ena ponte d ' Ourense, estando y presentes Aluaro Gomes d ' Escalona, chantre e prouisor do obispado d ' Ourense, Nuno d ' Ortega, meestre escola, Gonçaluo Nunes, coengo, Afonso Ans da Lagea, Aluaro Afonso da Fonteyña, regedores, Afonso Anrriques, procurador do dito conçello, logo o dito Aluaro Gomes, prouisor, diso que por rasón que o dito Afonso Anrriques estaua ena dita ponte por mandado dél et do cabiidoo e conçello e a dita ponte era do dito señor obispo, et agora entendía que por la él teer podería recreçer algúus danos ao dito señor obispo et cabíidoo et conçello, por ende que pedía, frontaua et requería ao dito Afonso Anrriques que lle dese a dita ponte et torres dela, senón que protestaua que todo mal, custas et danos que sobre elo recreçese que o dito Afonso Anrriques fose a elo tiundo et obrigado, et que o pedía asy sinado, protestando de o dar por escripto.
|