Ano Domini M.o CCCCXLVII, quinse dias do mes de agosto, en Ourense, eno cabíidoo da iglesia de San Martiño, presentes ende Aluaro Gomes, chantre et prouisor do obispado d ' Ourense, Afonso Ans, meestre escola, Martín Ans, arçediano de Limia, Ares Gonçalues, coengo et vigario do deán, Loys de Mira, Roy Afonso, Gonçaluo Nunes, Afonso Gonçalues, bachilleres et coengos ena dita iglesia, meestre Fernando, juis, Loys Gonçalues, Martín do Cabo, Afonso Ans, Aluaro Afonso, Gomes Peres, regedores, Afonso Anrriques, procurador, outrosy estando y presente Aluaro Peres, escudeiro do señor conde de Santa Marta e teendor por él o curral et paaços e torres do obispo d ' Ourense, en presença de min o notario et testemuyas de juso escriptas, logo o dito prouisor presentou ao dito Aluaro Peres esta carta de poder, signada de notario público et mays estas duas cartas del Rey, noso señor, firmadas de seu nome et seelladas de seu seello, as quaes liudas et publicadas requeríolle que lle entregase os ditos paaços et curral, segundo que se enas ditas cartas contiña, senón que protestaua etc.
|