logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ano Domini M.o CCCCLV, XV dias do mes de setenbro, ena çibdade d ' Ourense, enas casas de morada de Johán Gonçalues de Deça, arçedia de Baroncelle ena igllesia d ' Ourense, estando hy presentes o dito arçediano, Afonso Yans da Lagea, Luys Gonçalues, Martín do Cabo, Johán Cortido, regedores, Diego Dias, procurador do dito conçello, Nuno d ' Ousende, Gomes de Mugares, Diego de Valboa, Diego de Paaços e parte de outros vesiños e moradores ena dita çibdade, outrosy estando hy presente Pero Lopes da Barreira, veziño e morador ena dita çibdade, logo o dito Diego Diaz presentou ao dito Pero Lopes en nome do dito conçello, juis e regedores, hun escripto e capítolos e pleito e menagen que o dito Pero Lopes fezera a Gonçaluo Télez de Vega, prouisor do señor obispo d ' Ourense, e Vaasco Gomes e Afonso Yans da Lagea, enos quaes capítolos se contiña que o dito Pero Lopes tebese o curral e paaços do dito señor obispo e todos los que hy esteuesen esteuesen á sua ordenança e que ningua persona dos que hy están e estebesen non errasen en ninhua maneira que fose aos veziños da dita çibdade de dito nen de feito, e errando ou pasando contra os ditos capítolos, que o dito Pero Lopes á todo seu poderío entregase o dito mal feytor aos juizes da dita çibdade pera que fezesen dél justiça, et eso mesmo o dito Vaasco Gomes e Afonso Yans fezeron pleito e menageen que o dito Pero Lopes non reçebese mal nen dano, nen morte nen ligón nen outra sinrrasón algua dos vesiños da dita çibdade nen outro desegesado alguún contra a dita fortoleza do dito curral, e eso meesmo o dito prouisor fezo outro tal pleito e menageen que das fortolezas de igllesia d ' Ourense e do castelo Ramiro non veese perda nen dano nen mal aos vesiños da dita çibdade, segundo que se mays conpridamente contiña enos ditos capítolos, e sobre elo feseron mays conpridamente pleito e menageen, os quaes liudos e prouicados ao dito Pero Lopes diso que por quanto o dito prouisor avía quebrantados e agora dos ditos paaços e torres do dito curral o dia donte puxaran pedras e apedrearon aos vesiños da dita çibdade e feriran a alguas personas e puxaran seetas e fora sobre elo sacado peresquisa, por la qual era púbrico e notorio que deytaran as ditas pedras e figeran o dito malefiçio Ruy de Caldellas e Gonçaluo de Ceboliño, por ende que lle requerían que conprise e agardase o dito pleito e menageen que avía feito e conprise os ditos capítolos, senón que protestaua que fose caydo e encorrido eno dito pleito e menageen que avía feito e enas penas en tal caso estableçidas e fose tiudo e obrigado a todo mal e dano e perda e mortes e ligoes que sobre elo recreçese, e que o pedía asy signado.

Ano 1455
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 299
Páxina 319
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-testemuño
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL