logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ena çibdade de Ourense, viinte e tres dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso señor Ihu Xpo de mill e quatroçentos e çinquenta e sete anos, ena ra da Corredoira da dita cibdade, estando y presentes Vasco Gomes, alcallde da dita çibdade, Johán Cortido, Gonçaluo Peres de Requeixo, regidores dela e Gomes de Mugares, procurador geral do dito conçello, Iohán de Meijonfrío, Iohán d ' Aluán, Gomes de Ramoyn, Afonso Fernandes, Gonçaluo Rodrigues, Gonçaluo de Monterroso, e parte de outros muytos vesiños e moradores ena dita çibdade, et outrosí estando hy presente Gomes Rodrigues, meiriño de terra de Aguiar por lo señor arçobispo de Santiago, en presença de min o notario de juso escriptos, logo os ditos alcalldes, regidores, procurador e omes boos do dito conçello diseron que pedían e rogauan ao dito Gomes Rodrigues que por rasón que Iohán d ' Ayra e Afonso Ramallo e Afonso de Ramoyn e outro seu conpañeiro foran e sayran ao camiño de noso señor el Rey a hua légoa desta çibdade, á par de Santa Crus de Reuoreda, por força e contra dereito e tomaran e represearan a Rodrigo Mouro e seu moço Pero e Iohán Fernández, vesiños da çibdade de Çamora, seis rocíis de aluarda, carregados de pescado, e pasando con eles por la dita terra de Aguiar o dito Gomes Rodrigues, como meiriño da dita terra, saíra a eles, aos ditos Iohán d ' Ayra e Afonso Ramallo e Afonso de Remoyn e outro seu conpañeiro, ena dita terra de Aguiar, e lles tomaran os ditos seis rocíos con as ditas seis cargas de pescado, diséndolles pera qué fasían a dita toma e roubo eno dito camiño de noso senor El Rey.

Ano 1457
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 307
Páxina 326
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-pedimento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL