logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ena cidade d ' Ourense, viinte e dous días do mes de mayo do dito ano, ena çidade d ' Ourense, ena praça do Canpo, estando y presente Nuno d ' Ousende, procurador do conçello da dita çidade, logo o dito Nuno d ' Ousende presentou por min o dito notario esta carta de seguro firmada de nome de Gonçaluo da Beiga, prouisor do obispado d ' Ourense, por la qual paresçía que daua liçencia a todos las personas, vesiños da dita çidade, que quisesen yr a boda de Johán Bollueiro, a San Cibrao, et que non caesen por elo en pena algua, et eso meesmo aseguraua a todas las personas vesiños da dita çidade, que quisesen yr á dita boda do dito Johán Bolueiro, que fora o dia donte, et que os asegura de yda e viinda et estada et tornada,gardando elles a trégoa que estaua posta, et a qual dita carta eu o dito notario teño, a qual presentada et liuda, diso que por rasón que Johán Patiño et outros moytos vesiños da dita çidade e Pero Lopes da Barreira et Diego de Codeiro et Lopo Sanches foran á dita boda, a San Cibraao, et estando en ela mansos et seguros et non fasendo nen disendo mal a pesona algua, por que mal deuesen reçeber, que omes dos coutos do bispo et de Barbadáas aderançaran a elles con suas armas e balestas e lanças et escudos et espadas por los matar et lles lançaran moytas saetas, et de feito mataran ou feriran moytos delles, se non fora por que Deus que os quiso gardar et por moytas boas donas et escudeiros et boas personas que os defenderon et partiron e estreeçeron que os non matasen, saluo que feriran Aluaro Gomes de Çebolliño de hua seetada, et que o daua todo por queixa et querella et que protestaua de o queixar et querellar a noso señor El Rey et ao señor Conde de Lemos et donde seu dereito fose et de mays que se sobre elo recreçese outros malles et danos, por rasón da seguridade que dela et a non teuera, que él et seus bees fosen a ello tiundos etc., et que o pedía asy sinado etc.

Ano 1458
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 322
Páxina 339
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-querela
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL