logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Logo os ditos lauradores diseron que dauan et deron querella aos ditos rejedores et alcallde et procurador e omes boos da dita çibdade de Gonçaluo da Beiga, prouisor do bispo d ' Ourense, et de seus omes Gomes d Alçame d ' Alçame et Afonso da Penela et de Johán de Canba o Tosco e de Sagraimor et de Gonçaluo Migées do Lobyño et de outros omes do dito prouisor, que seíran do castelo Ramiro, fortaleza do dito señor obispo, que andando eles dya sáuado, que foron des dyas deste dito mes destes dito ano, ena vyña do Couto de Aluaro Afonso, notario, labrando e traualando por sures de seu corpo e por seus jornás, e non fazendo nen dezindo mal a persona algunaa, porque mal nen dapno deuesen reçeber, e andando asy ena dita vyña que aderençaran a eles sobre os ditos omens do prouysor, andando eles labrando con legons e aderençaran a eles e con suas lanças e balestas e les diseran "presos, presos", e des que les dyseran que eran do señor conde de Lemos e vasalos de Aluaro de Tauada e que se chaman a eles, e des que les diseran que por eso les faryan mays mal e estonçes que les dyseran "prendeynos e non nos faças mal e seremos bons prijoneyros e leuádenos presos ao probysor", et que deran logo Afonso de Pyñeira hua fyryda ena caueça e ao dito Johán d ' Asperante hua coytelada ena perna e outra ena caueça e ao dyto Romeu de Caruosende hua coutelada por lo onbro e a Johán de Pydry hua coutelada ena caueça, das quaes fyrydas os leyxaran por mortos ena vyña e ao dito Dyego de Carvosende que fogyra e le tomaran hua capa e dose mrs e ho vynco, e quatro labradores que con eles andauan ena dita vyña, que, por que se non esforçaron en chamaren do dyto señor conde e Aluaro de Tauoada, que fogyran e non foran fyridos, e acauados de os fyryr, que les tomaran e roubaran os legos con que labrauan, e ao dyto Johán de Prede hun frolyn douro e quinze branquas e hun fogil con sua pederneyra e dous dados e o esqueyro e a cynta, e ao dito Johán de Paços trynta brancas e hun capuço, e que asy os acoytelaran e arroubaran chamándose dos ditos señores e non les valendo, e se se non esforçaran a enos ditos señores que fogyran como os outros seus conpañeyros, e por ende que o dauan todo por querela aos ditos alcaldes e procurador e rejedores et omes boos da dita çidade do dito roubo e mortes e feridas e climes que lles asy feseran, protestando de o querellar a noso señor El Rey et á suas justiças et donde quer que seu dereito fose et ao dito señor Conde et Aluaro de Tauoada, et de mays que protestaua de fasende e prenda e penorara e represaria en bees do dito señor obispo por todo o mal et dano que lles avía recreçido, et quales quer mortes e roubos et danos e climes que sobre elo fesesen que elles non fosen a ello tiudos nen obrigados.

Ano 1458
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 335
Páxina 349
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-querela
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL