En este dia e ora e por estas testimoyas, sendo os ditos rejedores e o dito Johán Sanches, alcallde, enas ditas casas do dito Garçía Dias, paresçeron y Gonçalvo Baluga e Pero de Reça, barqueiros da barqa d ' agua do Miño, perteesçente ao dito conçello e ao bispo d ' Ourense, e os ditos rejedores diseron que pedían ao dito alcallde que lles mandasen que por quen seya a pasar a barqa do cabídoo, que está ao Porto Vello e por levar o portagen dos vesiños da dita çibdade, et non querían pasar ena barqa, que era á par da Ponte, porque era fora dos vesiños, por ende, que lle pedían que lles mandase que non pasasen ena dita barqa, salvo por la dita barqa do conçello, e se pasasen por la do cabídoo que non levasen pasageen nenhua aos vesiños e moradores da dita çidade.
|