logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Domingo, VIII dias do mes de nouenbro, ano de XXXIII anos, en Ourense, enos paaços de Don Diego, obispo d ' Ourense, e en presença de min o notario e testemuyas de juso escriptas, estando y presente Martín Sanches, abade et prouisor do obispado d ' Ourense, paresçeu y ante él Garçía Dias d ' Aspinosa, rejedor da dita çidade, vasallo de noso señor El Rey, et diso que daua et deu querella ao dito abade et prouisor, disendo que en como oje, este dito dia, él sía ena almoeda das sisas con os outros omees boos eligidos por lo bispo d ' Ourense e cabíidoo e conçello, arrendando as sisas da ponte d ' Ourense, et enas seendo arrendando que chegara y Nuno Gonçalues da Praça, notario, vesiño da dita çidade, reynante ca, et sendo asy [arrendando] as ditas sisas e non fasendo nen disendo nojo nen sen rasón ao dito Nuno da Praça, por que dél podese ou deuese seer ynjuriado, saluo que se fose da dita almoeda e os non estoruase ça, que o dito Nuno da Praça que lle disera moitas maas palabras et desonrras et ynjurias, ontre las quaes diso que lle disera "vello royn, bébedo, louco, sandio, desuariado", et que sacara a espada contra él et que o ferira ou [matara] senón foran çertas personas que ende estauan et que lle ferira et dera duas feridas a seu criado [Die]go da Agoada.

Ano 1433
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 378
Páxina 389
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Libro das Obras da ponte de Ourense-querela
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL