logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ano Domini Mo CCCC XXX VI, quatro dias do mes de juyo, en Ourense, eno paraíso da iglesia de San Martiño, presentes y Martín Sanches, abade da iglesia da Triindade da cibdade d ' Ourense et prouisor do dito señor obispo, et Gomes Yanes, coengo, et Loys Gonçalues, meestre Ferrnando, juises, Garçía Dias d ' Espinosa et Aluaro Afonso da Fonteyña, Gomes de Chantada, Goterre Afonso, Estevo Ferrnandes, Goterre Afonso, rejedores, Afonso Gonçalues de Meende, procurador do dito conçello, Vasco Afonso, Meen Suares, Nuno Patiño, Aluaro Carniceiro, Afonso Garçía, meestre da ponte d ' Ourense, e logo todos ordenaron con o dito Afonso Garçía e o dito Afonso Garçía con elles, que o dito Afonso Garçía, praçendo a Deus, que entendía de dar feito o arco menor da dita ponte, feito de madeira et de pedra, en estes tres meses sigentes, et o dito conçello et señores diseron que lles desen pera faser triinta mill pares de brancas, que eran dez e oyto mill mrs vellos, cada mes seys mill mrs, et en cada dez dias dous mill mrs, que eran asy conpridos cada mes os ditos seys mill mrs, et acabados os ditos XVIII M mrs enos ditos tres meses, et acabado o dito arco de pedra, que se algua cousa de pedra ou madeira fesese eno outro, et lle falesçese mester, acabado os ditos tres meses, algún diñeiro, pera conprimento de pagar ós meestres, que lle desen pera elles ata sete ou oyto mill pares de brancas, en pago do que ha de auer da dita obra, alende dos ditos XVIII M mrs, et que mandauan a Vasco Afonso, que presente estaua, asy como deposytario dos ditos mrs, que dese cada dez dias os ditos II M ao dito Afonso Garçía, segundo dito he.

Ano 1436
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 396
Páxina 402
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Libro das Obras da ponte de Ourense-ordenanza
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL