logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

En este dito día e ora et por estas testemuyas, o dito Afonso Garçía se obrigou por sy e por todos seus bees que por rasón que él fora meestre da obra da dita ponte, por sua culpa et ocasión e negligençia a dita ponte caera, o primeiro arco dela por duas veses, do qual diso que veera de pérdida e dapno ao dito señor obispo e cabídoo et conçello ata en contía de seys mill frolliíns douro, et por quanto o dito obispo et cabídoo et conçello eno amor de Deus e por auer dél conpasisón e por rogo e seruiço do señor conde de Benabente, agora o soltara da prigón e deran por liure et quite de todo o dapno e pérdida que avya feito ena dita obra, saluo de çinco mill mrs que dera pera ajuda de se a dita obra faser, e por que delo fosen seguros que non veise del nen doutros en seu nome mal nen pérdida nen dapno algúun ao dito señor obispo e cabídoo e conçello, por ende que él se obrigaua e daua e deu consigo por fiador, deuedor, prinçipal pagador -----, vesiño et morador em ---, que estaba presente, o qual dito Afonso Garçía e o dito ---, seu fiador, anbos de man común, se obrigaron por sy e por todos seus bees de nonca reclamar nen contra diser sobre rasón da dita obra nen da dita prigón, por sy nen por lo dito Diego Afonso, nen en outra maneira algua, nen ocupar nen enbargar nen faser mal nen dapno nen nojo algúun aos vesiños da dita çibdade et cabídoo e conçello, en qual quer vía e maneira que seja, soio ena dos ditos seys mill frolliins que avya dado, e renunciauan a todas las leys e dereitos, et mandauan faser contrauto forte e firme e desaforado por sy e por seus bees et ça.

Ano 1438
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 404
Páxina 409
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Libro das Obras da ponte de Ourense-contrato
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL