logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Ano Domini M.o CCCCXL e hun, XXIX dias do mes de juyo, en Ourense, ena iglesia de San Martiño, presentes ende meestre Fernando, juis, Loys Gonçalues, Afonso Ans, Gomes Peres, regedores, Gonçaluo Fernandes, procurador do conçello, diseron que, por rasón que Rodrigo Suares avía prendado Afonso Ares et a Pero d ' Abral e lles tiña tomado çertas azémellas e rocíins et cárregas por rasón da pínora que David fisera a Carrasco, judio, e a outras personas et por los quitar que non perdesen o seu avían acordado que se pagasen os ditos mrs de os mrs que os procuradores devian ao dito conçello et das aviinças do dito conçello et das outras rendas et o dito Gonçaluo Feernandes sacara çertos mrs enprestados a çertas personas por mandado dos ditos juises et regedores pera quitar as ditas prendas. por ende, que dauan poder conprido ao dito Gonçaluo Fernandes, procurador, non revocando o poder que lle tiñan dado, que lle dauan poder pera que podese reçeber quaes quer mrs que debían ao dito conçello, asy dos anos pasados como des aquí en deante desde dito ano de XLI, de quaes quer personas que os deuan asy dauiundos como das rendas do dito conçello, como dos mrs que deuen os procuradores et reçeberlos e recadarlos e dar carta e cartas de pago et pagar e faser paga dos ditos mrs que asy sacou enprestados aos personas a quen os sacou, por via que os ditos mrs sejan pagos, et eso meesmo requeyr a David, judio, que torne quaes quer mrs que ha leuado da dita pínora, faser en elo todos e quaes quer autos que conpridoras sejan et ça.

Ano 1441
Título abreviado VFD
Título Vida e fala dos devanceiros
Referencia Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI. 2 vols. Vigo: Galaxia.
Capítulo 467
Páxina 469
Autoría [Álvaro Afonso]
Tipo/finalidade/xénero Libro de notas do concello-poder
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-Ou




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL