logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Rui Dias, coengo de Mendonnedo et clerigo et rector da iglesia de Santa Maria de Viueyro, que presente estaua, disso que o dito sennor Obispo et os hommes boos do dito Cabidoo ben sabian en commo quando aa iglesia de Santiago de Viueiro fora dada et outorgada sepultura et çimiterio, que ante non auia, que este Ruy Dias et Affonso Garcia, rector et clerigo de Santiago de Viueyro, que presente estaua, por liçençia et mandado et autoridade do Bispo et dean et Cabidoo de Mendonnedo, por rason que a dita sepultura et cimiterio fosse dada et outorgada na dita iglesia de Santiago de Viueyro, conueeran entre sy et en cabidoo et feseran avinença et conpustura et paramento que de todas las cousas que perteesçerem et perteesçen aa dita iglesia de Santiago de Viueyro por rason da dita sepultura et demandas que lle mandasen que partissen de promeo con lo dito Ruy Dias et con os outros rendeiros et clerigos et capelaes que fossen polo tenpo enna dita iglesia de Santa Maria de Viueyro et con os colledores do Cabidoo; et que este Affonso Garcia nen seus capelaes et colledores que non dauan a este dito Ruy Dias nen aos rendeyros et colledores por el enna sua parte et do dito Cabidoo a dita meatade das cousas et mandas que lle asy fora outorgada et pediu ao dito sennor Obispo que constrengese ao dito Affonso Garcia et aos outros que a dita iglesia de Santiago collesen et acadasen que asy desen a este Ruy Dias et a seus sucesores et aos que polo dito Cabidoo, ouuesen de coller et d -auer et recadar as ditas cousas sobreditas daqui endeante ben et conpridamente polo que dito he; et o dito sennor Obispo feso pregunta ao dito Affonso Garcia que desia que el ben sabia que fora et pasara asy et o dito Affonso Garcia, clerigo et rector de Santiago de Viueyro diso que fora asy feita a dita conpustura et avinença ao dito Ruy Dias, rector clerigo de Santa Maria de Viueyro et disia et decraraua que prestes para a abreger en todo, segundo dito he; et o dito sennor Obispo mandou, con outorgamento do Cabidoo, que o dito Affonso Garcia et seus sucesores que desen ben et conpridamente ao dito Ruy Dias et a seus sucesores a meatade, para senpre, de todas las cousas que aa dita iglesia de Santiago perteescesen por rason de sepultura, cimiterio et mandas; et o dito Affonso Garcia asy outorgou todo segundo entre eles fora et era determinado et de esto o dito Ruy Dias, rector da dita iglesia de Santa Maria de Viueyro pediu ende un publico estromento, dous ou mais, se le conprire, et para garda sua et da dita iglesia de Santa Maria de Viueyro.

Ano 1359
Título abreviado VIM
Título Viveiro na Idade Media
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed. ) (1991): "De Viveiro en la Edad Media", Estudios Mindonienses, 7, pp. 11-226.
Capítulo 51
Páxina 141
Autoría Lopo Eanes, raçoeyro et notario publico iurado dado do Bispo en Villamayor et en todo obispado de Mendonnedo et enno cabidoo da dita Iglesia
Tipo/finalidade/xénero Reclamación
Orixe
Lingua
Localización Mendonnedo-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL