Era de mill et quatroçentos et des et noue annos, na presença de min, notario, et testemoyas subscriptas, estando dentro no choro da Iglesia Cathedral de Mendonnedo don Pedro Ares, dean, don Fernan Martines, chantre, don Diego Fernandes, arcidiago d -Asumara, don Ruy Fernandes, maestrescola, Domingo Afonso, Affonso Fernandes, Ruy Lopes, Affonso Raymonde, Lopo Garcia, Rodrigo Gomes, Affonso Eanes, Johan Affonso, Lopo Garcia das Seixas, Fernando Ares, coengos de Mendonnedo, Lopo Peres, Pedro Deus, Afonso Peres, Johan Ramos, Afonso Fernandes, Fernan Fernandes, raçoeiros da dita Iglesia de Mendonnedo, todos ajuntados en hun enno dito coro aa sayda da Prima et en cabidoo, segundo que o han de custume, Ruy Dias, thesoureiro et coengo da dita Iglesia et rendeiro da Matinada que se paga por las quintas de Santa Maria de Viueiro, disso aas ditas persoas, coengos et raçoeiros da Iglesia de Mendonnedo, que elles ben sabian en commo ardera a villa de Viueiro et en commo se perdera hua gran parte da fiigresia da dita iglesia et que lles pedia et rogaua que lle fesessen algun quitamento de graça espeçial na dita renda da Matinada enton as ditas persoas, coengos et raçoeiros da dita Iglesia que enton presentes estauan, todos en hun acordo et ninhun delles descrepante, quitaron ao dito thesoureiro da dita renda da Matinada do dia da data desta carta ata X annos conpridos primeiros siguentes cada anno çen mor. et con esta codiçon que o dito thesoureiro que non demande nen peiça mays quitamento da dita renda et se o demandar ou pedir por sy ou por outro, que perça este que le as ditas persoas, coengos et raçoeiros da dita Iglesia agora fazen.
|