logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Era da nacença de nosso Sennor Jesucristo de mill CCCXCII annos, XXI dias do mes de desenbro; en presença de min, notario, et das testimoyas adeante scriptas, enna çibdade de Vilamayor, seendo en cabidoo por canpa tanjuda segundo que he de huso et de custume, enna sancristania noua da Iglesia de Mendonnedo, presentes enno dito cabidoo don Fernan Martines, chantre, don Afonso Gomes, arcidiago de Montenegro, don Ares Peres arcidiago de Trasancos, Diego Peres, thesoureiro, Ruy Lopes, coengo, vigario do dean, Diego Afonso, Aluaro Afonso, Afonso Fernandes de Lugo, Lopo Garcia, Johan Afonso, Afonso Fernandes de Vilaoalle, Lopo Dias, Afonso Reymondo, Afonso Deus, Lopo Peres, Johan Afonso de Suegos, Afonso Yanes, Johan Freyre, persoas et coengos da iglesia de Mendonnedo, que enton presentes eran todos en hun acordo, por sy et por seus susçesores, deron et arrendaron a Aluaro Afonso, coengo de Santiago et de Mendonnedo, que presente estaua, a renda da Matinada das quatro quintas da iglesia de Santa Maria de Biueiro, con todos seus dereitos que lle perteesçen et perteesçer deuen de dereito, segundo que a soya teer et leuar don Ruy Dias, thesoureiro que foy de Mendonnedo, a qual renda deron et outorgaron ao dito Aluaro Afonso, coengo, por en toda sua vida del, des este San Johan Baptista primeiro que uen endeante; por la qual renda ha de dar et pagar en cada hun anno ao dito Cabidoo tres mill et çen mor. , sen outro desconto algun; et dos quaes ditos tres mill et çen mor. o dito Aluaro Afonso non ha de desfalcar ninhua cousa aynda que Fernan Peres d -Andrade fasa as tres iglesias ennos montes de Sor, segundo que o dean et Cabidoo lle outorgaron.

Ano 1392
Título abreviado VIM
Título Viveiro na Idade Media
Referencia Cal Pardo, Enrique (ed. ) (1991): "De Viveiro en la Edad Media", Estudios Mindonienses, 7, pp. 11-226.
Capítulo 65
Páxina 163
Autoría Johan Ramos, coengo et notario da Iglesia de Mendonnedo
Tipo/finalidade/xénero Arrendamento
Orixe
Lingua
Localización Mendonnedo-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL